Saturday 27 de April de 2024

O Festival de Entroido de Lousame reuniu a máis de 750 persoas na tarde do sábado


Os asistentes desfrutaron do espectáculo de Moc Moc, obradoiros, xogos, inchables e degustación de chocolate con churros, orellas, filloas e flocos de millo

Máis de 750 persoas participaron no Festival de Entroido do Concello de Lousame, que tivo lugar na tarde de onte sábado no polideportivo municipal Pilar Barreiro Senra. Unha afluencia escalonada e ao longo das máis de catro horas de festa, polo que as persoas asistentes puideron desfrutar das distintas actividades programadas polo Concello de Lousame.

A festa comezou ás 17:00 coa actuación en directo de Moc-Moc, distintos obradoiros de entroido e xogos e inchables, axustados a diferentes idades. A partir das 18:30 horas comezaron as degustacións gratuítas tanto de orellas e filloas, elaboradas por veciñas de Lousame, así como do chocolate con churros da Churrería Rafa. Ademais, o Concello entregou lambonadas a todos os nenos e nenas que acudiron disfrazados e flocos de millo.